Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 21 de xuño de 2017 Páx. 30508

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 23 de maio de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2017070TA-PO, por infracción en materia sanitaria.

O 2 de maio de 2017 a xefa territorial de Pontevedra da Consellería de Sanidade ditou a resolución do expediente sancionador 2017070TA-PO, incoado a María del Rosario Fontán Paz, con DNI 35465621N, como titular do establecemento O Lar do Carpinteiro.

Tras intentar a notificación desta resolución consonte o artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non puido efectuarse, polo que mediante esta cédula notifícaselle a María del Rosario Fontán Paz o contido da dita resolución, que figura no anexo, segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, para o seu coñecemento.

No caso de estar conforme con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no seguinte prazo:

1. Se a publicación se realiza entre os días 1 e 15 do mes, desde a data da publicación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato hábil seguinte.

2. Se a publicación se realiza entre os días 16 e último do mes, desde a data da publicación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato hábil seguinte.

Para isto deberá empregar os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta xefatura territorial. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade, Edificio Administrativo San Lázaro, en Santiago de Compostela, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, de conformidade co establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

Pontevedra, 23 de maio de 2017

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número de expediente: 2017070TA-PO.

Denunciada: María del Rosario Fontán Paz, con DNI 35465621N, como titular do establecemento O Lar do Carpinteiro.

Último enderezo coñecido: Rabuñade 12, Baión, 36614 Vilanova de Arousa.

Feito imputado: infracción do previsto na Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro.

Preceptos infrinxidos:

Disposición adicional terceira. Sinalización dos centros ou dependencias en que existe prohibición de fumar e zonas habilitadas para fumar.

«Nos centros ou dependencias en que existe prohibición legal de fumar deberanse colocar na súa entrada, en lugar visible, carteis que anuncien a prohibición do consumo de tabaco e os lugares en que, de ser o caso, se encontren as zonas habilitadas para fumar. Estes carteis estarán redactados en castelán e na lingua cooficial coas exixencias requiridas polas normas autonómicas correspondentes».

Tipificación: unha infracción administrativa tipificada como leve no artigo 19.2.d) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro.

Sanción imposta: trinta euros (30 €).