Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 21 de xuño de 2017 Páx. 30507

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 7 de xuño de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica o trámite de alegacións do expediente sancionador por infracción na orde social 132/2007.

De conformidade co establecido nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á empresa que a continuación se relaciona o trámite de alegacións no expediente sancionador por infracción na orde social (materia seguridade e saúde), devolto polo servizo de Correos por resultar descoñecido o seu destinatario.

A interesada dispón dun prazo de quince días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para formular as alegacións que enuncia o artigo 17.1 do Real decreto 928/1998, do 14 de maio.

Expediente: 132/2007.

Empresa: Tregarmundus, S.L.

NIF: B36522233.

Enderezo: rúa Lugo, 5, 1º B, 36700 Tui (Pontevedra).

Lugo, 7 de xuño de 2017

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo