De conformidade co establecido nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á empresa que a continuación se relaciona o trámite de alegacións no expediente sancionador por infracción na orde social (materia seguridade e saúde), devolto polo servizo de Correos por resultar descoñecido o seu destinatario.
A interesada dispón dun prazo de quince días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para formular as alegacións que enuncia o artigo 17.1 do Real decreto 928/1998, do 14 de maio.
Expediente: 133/2007.
Empresa: Tregarmundus, S.L.
NIF: B36522233.
Enderezo: rúa Lugo, 5, 1º B, 36700 Tui (Pontevedra).
Lugo, 7 de xuño de 2017
Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo