Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 21 de xuño de 2017 Páx. 30489

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 2 de xuño de 2017, do Servizo de Mobilidade da Coruña, polo que se notifican acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltos polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente XC-00937-O-2017 e trece máis).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade da Coruña acordou a incoación dos expedientes sancionadores número XC-00937-O-2017 e trece máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.

Infórmaselles que os expedientes sancionadores se atopan a súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Coruña.

Outorgáselles un prazo quince (15) días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para alegar o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas.

No suposto de que decidan voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta días contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

A Coruña, 2 de xuño de 2017

César Concheiro Ceide
Instrutor xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciado

DNI/CIF

Infracción denunciada

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

XC-00937-O-2017

6595-HYM

Andrés Anido Amado

76418439L

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante.

20.2.2017; 12.15.00; N-651; 22,0

Art. 141.25 en relación co art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) en relación coa letra f) LOTT

801 euros

XC-01136-O-2017

2420-FGV

Rutas Coruña, S.L.

B15929292

Atenuante. Utilización do tacógrafo analóxico carecendo dos precintos ou placas preceptivos ou dalgún dos datos obrigatorios.

18.1.2017; 10.00.00; AC-173; 3,0

Art. 141.25 en relación co art. 140.34 LOTT

Art. 143.1.k) en relación coa letra d) LOTT

401 euros

XC-01185-O-2017

1522-JLR

Trabegons, S.L.

B36177087

Exceso nos tempos máximos de condución diaria (sobre 10 horas). Máis de 10 horas ata 11 horas.

13.2.2017; 17.41.00; N-634; 709,5

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

XC-01232-I-2017

2320GDM

Transportes VPS Envia

B70406525

Exceso igual ou superior ao 5 por cento e inferior ao 15 por cento sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 11 %.

12.4.2017; 10.46.46; N-550; 9,500

Art. 142.2 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

375 euros

XC-01295-O-2017

5224-BKV

José Luis Brea Antelo

44806392T

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante.

6.3.2017; 11.42.00; N-547; 64,2

Art. 141.25 en relación co art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) en relación coa letra f) LOTT

801 euros

XC-01345-O-2017

6420-FVG

Castiñeira da Silva Mauricio

44080050K

Diminución do descanso diario normal (sobre 11 horas). Igual ou superior a 10 horas e inferior a 11 horas.

17.2.2017; 5.04.00; AP-9; 79,5

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

XC-01346-O-2017

6420-FVG

Castiñeira da Silva Mauricio

44080050K

Exceso nos tempos máximos de condución diaria (sobre 9 horas). Máis de 9 horas ata 10 horas.

17.2.2017; 4.59.00; AP-9; 79,5

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

XC-01389-S-2017

5533BCW

Óscar Carretero Boga

44810599K

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante.

15.3.2017; 13.18.00; Cidade do Transporte C, 91 Polg. Industrial do Tambre

Art. 141.25 en relación co art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) en relación coa letra f) LOTT

801 euros

XC-01395-O-2017

7960-JHN

Albemar Pex, S.L.

B94130648

Non levar inserida no tacógrafo o cartón de condutor ou a folla de rexistro dos tempos de condución e descanso, cando iso resulte exixible ou facelo de forma incorrecta. Ou non efectuar os documentos impresos ao comezo e á finalización da viaxe nos supostos de deterioración ou mal funcionamento do cartón de condutor ou no caso de que esta non conste no seu poder.

17.2.2017; 8.26.00; N-634; 693,0

Art. 140.22 LOTT

Art. 143.1.h) LOTT

2.001 euros

XC-01449-O-2017

4515-HZX

Sparom 2014, S. Coop. Mad.

F87110409

A condución durante máis de cinco horas, aínda que sen superar as seis, sen respectar as pausas regulamentariamente exixidas. Superior a 5 horas e inferior ou igual a 6 horas.

2.3.2017; 8.49.00; Polígono Río do Pozo; 0,0

Art. 141.24.3 LOTT

Art. 143.1.d) LOTT

401 euros

XC-01450-O-2017

4515-HZX

Sparom 2014, S. Coop. Mad.

F87110409

Diminución do descanso diario normal (sobre 11 horas). Igual ou superior a 10 horas e inferior a 11 horas.

2.3.2017; 8.52.00; Polígono Río do Pozo; 0,0

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

XC-01451-O-2017

4515-HZX

Sparom 2014, S. Coop. Mad.

F87110409

Diminución do descanso diario normal (sobre 11 horas). Igual ou superior a 10 horas e inferior a 11 horas.

2.3.2017; 8.53.00; Polígono Río do Pozo; 0,0

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

XC-03126-I-2016

2313GPL

Rutas Coruña, S.L.

B15929292

Realizar transporte regular de escolares sen levar a bordo do vehículo a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestalos ou que resulte exixible para a determinación da clase de transporte que se está realizando.

2.2.2016; 8.20.00; rúa Cabanillas; 2

Art. 142.8 LOTT

Art. 143.1.b) LOTT

201 euros

XC-03153-O-2016

4696-BXC

Gelu Dita

X8942285T

A realización de transporte ao abeiro de autorizacións de transporte privado complementario de servizos que non cumpren algunha das condicións do art. 102.2 LOTT.

4.11.2016; 12.29.00; AP-9; 93,0

Art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.i) LOTT

4.001 euros