Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 21 de xuño de 2017 Páx. 30487

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 2 de xuño de 2017, do Servizo de Mobilidade da Coruña, polo que se notifican resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente XC-00195-O-2017 e seis máis).

A persoa titular da Xefatura Territorial da Coruña ditou a resolución dos expedientes sancionadores número XC-00195-O-2017 e seis máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Infórmaselles que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Coruña.

Comunicáselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante o director xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, a persoa interesada deberá aboar a multa imposta empregando o modelo impreso que se facilitará no Servizo de Mobilidade da Coruña.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o previsto na normativa vixente.

A Coruña, 2 de xuño de 2017

César Concheiro Ceide
Xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña

ANEXO

Expediente

Matrícula

Persoa sancionada

DNI/CIF

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

XC-00195-O-2017

N550

Pouso, C.B.

E70317474

Falta de consignación do lugar de comezo ou do final de utilización nunha folla de rexistro ou documento de impresión dos tempos de condución e descanso.

28.9.2016; 15.53; N550; 44,000

Art. 142.4 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

301 euros

XC-00200-O-2017

3261-HNN

Galán Calzón, Roberto

09421592X

Diminución do descanso diario reducido (sobre 9 horas). Igual ou superior a 8 horas e inferior a 9 horas.

29.9.2016; 00.22; N634; 709,5

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

XC-00365-O-2017

3952-BMG

Hermanos Pallas, S.L.

B15060320

Realizar transporte regular de escolares carecendo de autorización, sempre que se acredite que no momento de realizalos ou contratalos se cumprían todos os requisitos exixidos para a súa obtención e que esta se solicitou dentro dos 15 días seguintes á notificación do inicio do expediente sancionador.

1.12.2016; 9.59; AC-524; 0,05

Art. 142.1 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

301 euros

XC-00366-O-2017

1389-JMF

Juan José Ruzo Cruz

34893830R

Non levar a bordo do vehículo o título habilitante ou a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo.

5.12.2016; 12.12; N634; 676,0

Art. 142.8 LOTT

Art. 143.1.b) LOTT

201 euros

XC-02475-O-2016

0779-HDG

Fernández Gallego, Juan Antonio

39022484V

Diminución do descanso diario fraccionado (sobre 3+9 horas). Igual ou superior a 8 horas e inferior a 9 horas.
20.6.2016; 10.36; AG64; 39,5

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

XC-02869-O-2016

7541-CSZ

Pescados Leiviña, S.L.

B15858145

Non levar a bordo do vehículo a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo.

3.10.2016; 12.50; AP9; 1,3

Art. 142.8 LOTT

Art. 143.1.b) LOTT

201 euros

XC-03144-O-2016

CC-6593-K

Francisco Javier Álvarez Agrelo

33283410H

O exceso igual ou superior ao 5 % e inferior ao 15 % sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 13 %.

5.11.2016; 14.37; A54; 93,0

Art. 142.2 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

400 euros