Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 21 de xuño de 2017 Páx. 30517

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ORDE do 30 de maio de 2017 pola que se autoriza a transmisión inter vivos do permiso de actividade e concesión dun establecemento de cultivos mariños.

Visto o expediente de cambio de titularidade da granxa mariña que Aquacria Arousa, S.L. ten no lugar de Bico da Ran, Castrelo, Cambados (Pontevedra), resulta:

a) Antecedentes.

Primeiro. Mediante escrito do 28 de novembro de 2016, Salvador Ortiz de Montellano (X7724146X) en nome e representación de Aquacria Arousa, S.L. (B36296945), solicitou autorización para transmisión da granxa mariña situada no lugar de Bico da Ran, Castrelo, Cambados (Pontevedra).

Segundo. O interesado presentou a documentación requirida para a tramitación.

Terceiro. No expediente consta a seguinte documentación referida ao resultado da información oficial.

Informe do 2 de xuño de 2008, da Dirección Xeral de Costas do Ministerio de Medio Ambiente, sobre concesión dunha superficie aproximada duns 1.105 metros cadrados de bens de dominio público marítimo terrestre.

b) Consideracións legais e técnicas.

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro, coa Resolución do 12 de abril de 2012, de delegación de sinatura en materia de acuicultura nos titulares das xefaturas de Coordinación da Área do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar e coa disposición adicional novena do Decreto 177/2016, do 15 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia, que dispón que as delegacións de competencias outorgadas polos distintos órganos superiores e de dirección afectados por este decreto continuarán vixentes ata que sexan expresamente revogadas ou novamente outorgadas. Así mesmo, o Decreto 168/2015, do 13 de novembro, polo que se aproba a estrutura orgánica da Consellería do Mar, dispón a creación das xefaturas territoriais.

Segunda. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 274/2003, do 4 de xuño, polo que se regula o procedemento de obtención do permiso e concesión de actividade para os establecementos de acuicultura e auxiliares de acuicultura na zona terrestre (DOG nº 110, do 9 de xuño).

Vistas as disposicións citadas, o artigo 88 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro), e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión inter vivos, a favor de Sea 8 Porto, S.L. (B98389141), do permiso de actividade e concesión administrativa do establecemento que se indica a seguir:

Identificación:

Tipo: granxa mariña.

Nome: Aquacria Arousa, S.L.

Localización: Bico da Ran, Castrelo, Cambados (Pontevedra).

Data de outorgamento do permiso de actividade: 16.4.1998 (DOG nº 93, do 18 de maio).

Vixencia: 18.5.2018.

Superficie de dominio privado: 13.023 m2.

Superficie de dominio público marítimo terrestre: 1.105 m2.

Actual titular: Aquacria Arousa, S.L. (B36296945).

Nova titular: Sea 8 Porto, S.L. (B98389141).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. A actual titular deberá presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segunda. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter presentado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da Consellería.

Terceira. A nova titular do permiso de actividade e da concesión queda subrogada nos dereitos e obrigas da anterior desde o momento de formalización da compravenda en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro) e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 30 de maio de 2017

A conselleira do Mar
Por delegación de sinatura (Resolución do 12.4.2012)
(D.A. novena do Decreto 177/2016, do 15 de decembro)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo