Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento procedemento ordinario 936/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Sánchez Álvarez contra Grupo Cetssa Seguridad, S.A., Pedro Juez Martel, Fogasa e Sequor Seguridad sobre ordinario, ditouse decreto en data 31 de maio de 2017, cuxa parte dispositiva, é do tenor literal seguinte:
Acordo: apróbase a conciliación alcanzada entre as partes, nos termos expresados no antecedente de feito segundo desta resolución.
Arquívense as actuacións.
E para que sirva de notificación en legal forma a Sequor Seguridad, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.
Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións faranse fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2017
La letrada da Administración de xustiza