Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 12/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Francisco Quintáns González contra Camilo Carballal, S.L., ditouse a seguinte resolución:
Acordo:
– Ter por desistido a Francisco Quintáns González da súa demanda fronte a Camilo Carballal, S.L., Ernest & Young e Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).
– Arquivar as actuacións unha vez que sexa firme a presente resolución.
E para que sirva de notificación en legal forma á Camilo Carballal, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións faranse fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2017
A letrada da Administración de xustiza