Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 22 de xuño de 2017 Páx. 30843

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2017 pola que se fai pública a declaración de deserto do contrato de subministración da fabricación e instalación do proxecto expositivo/museográfico para o Centro de Interpretación de San Martiño de Mondoñedo, en Foz (contratación documentalmente simplificada).

De acordo co previsto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise pública a declaración de deserto do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=146537

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 80, do 26 de abril de 2017.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración, non suxeito a regulación harmonizada.

b) Descrición: subministración da fabricación e instalación do proxecto expositivo/museográfico para o Centro de Interpretación de San Martiño de Mondoñedo, en Foz (Lugo).

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria e con pluralidade de criterios.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: 49.945,39 €, IVE excluído.

5. Resolución de declaración de deserto.

a) Data da resolución: 31 de maio de 2017.

b) Motivo: exclusión do procedemento da única empresa licitadora.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2017

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
P.D. (Orde do 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria