Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 22 de xuño de 2017 Páx. 30845

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 15 xuño de 2017, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se anuncia, polo sistema de concurso público, procedemento aberto, tramitación ordinaria e documentalmente simplificada, a contratación dunha póliza de responsabilidade civil e de accidentes corporais para dar cobertura á actividade levada a cabo polo alumnado de formación profesional e de ensinanzas especiais nas actividades de formación en centros de traballo e de bloque de formación práctica (expediente SXAPERE 01/17).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita: Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

c) Número de expediente: SXAPERE 01/17.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: póliza de responsabilidade civil e de accidentes corporais.

b) División por lotes e número: non hai división por lotes.

c) Prazo de execución: do 1 de setembro de 2017 ao 31 de agosto de 2019.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Prezo total: 100.800,00 euros. Por razón do obxecto, a este contrato non lle é de aplicación o imposto do valor engadido.

5. Garantías.

Definitiva: 5 % do importe de adxudicación (IVE excluído).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

c) Teléfono: 981 54 65 37.

c) Poderanse consultar e/ou obter os pregos así como a información correspondente a esta contratación no seguinte enderezo da internet:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=174490

7. Presentación das ofertas.

a) Prazo de presentación: as proposicións presentaranse ata as catorce (14.00) horas do décimo quinto día natural seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no punto 7.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1ª. Entidade: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia. Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax no número 981 54 65 50 no mesmo día.

2ª. Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

3ª. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data e hora: a indicada no perfil de contratante.

9. Gastos do anuncio: será pola conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2017

Manuel Corredoira López
Director xeral de Educación, Formación Profesional
e Innovación Educativa