Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 23 de xuño de 2017 Páx. 31120

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 2017 do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar no día 12 de xuño de 2017, o tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados/as, convocado por Orde do 12 de abril de 2016 (DOG núm. 85, do 4 de maio), acordou, de conformidade co disposto na base II.1.2, que o segundo exercicio do proceso selectivo se realice o día 29 de xuño de 2017, na sala E do Edificio Administrativo de San Caetano, ás 17.00 horas.

Para tales efectos convócanse as persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio do proceso selectivo que se relacionan a continuación, con indicación do idioma comunitario elixido:

NIF

Apelidos e nome

Idioma comunitario

33552836E

Benedito Cadórniga, José Luis

Inglés

47389325X

De la Fuente López, Marta

Inglés

As persoas aspirantes deberán presentarse provistos/as de DNI ou documento fidedigno da súa identidade, a xuízo do tribunal.

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2017

Fernando Jorge Mora
Presidente do tribunal