En sesión que tivo lugar o día 8 de xuño de 2017 o tribunal nomeado pola Orde do 22 de maio de 2017 (DOG núm. 100, do 29 de maio) e modificado pola Orde do 2 de xuño de 2017 (DOG núm. 107, do 7 de xuño) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, acordou, de conformidade co disposto na base II.1.1.1 da convocatoria, que o primeiro exercicio terá lugar o día 22 de xullo de 2017, no auditorio do recinto da Feira Internacional de Galicia en Silleda, en chamamento único que se iniciará ás 10.00 horas.
As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do número 2 e goma de borrar.
Non se permitirá o acceso ao recinto onde se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro instrumento de que se poida valer a persoa aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará no recinto ningún servizo de recollida de móbiles.
Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2017
Alejandro Blanco García
Presidente do tribunal