Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 23 de xuño de 2017 Páx. 30984

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 8 de xuño de 2017 pola que se modifica a autorización do centro privado Chíos Formación, da Coruña.

A titularidade do centro privado Chíos Formación, da Coruña, solicita a supresión do ciclo formativo de grao medio (CM) Atención a persoas en situación de dependencia, e a autorización do ciclo formativo de grao superior (CS) Igualdade de xénero.

Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Primeiro. Suprimir o CM Atención a persoas en situación de dependencia e autorizar o CS Igualdade de xénero, no centro privado Chíos Formación; o centro queda configurado como se sinala a seguir:

Denominación xenérica: centro privado (CPR).

Denominación específica: Chíos Formación.

Código do centro: 15032893.

Domicilio: avenida do Exército nº 2.

Código postal: 15006.

Localidade: A Coruña.

Concello: A Coruña.

Provincia: A Coruña.

Titular: Chíos Formación, S.L.

Composición resultante:

• 2 CM Coidados auxiliares de enfermería (2 unidades para 30 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Desenvolvemento de aplicacións web (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Educación infantil (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Igualdade de xénero (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Integración social (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Márketing e publicidade (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

Segundo. Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Coruña, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no dito centro, así como o equipamento adecuado.

Terceiro. Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Cuarto. O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición, ante esta consellería, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2017

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria