Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 23 de xuño de 2017 Páx. 30979

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no primeiro cuadrimestre de 2017.

Consonte o establecido no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (Diario Oficial de Galicia núm. 30, do 15 de febreiro), publícase no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a este mandato,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlles publicidade aos convenios subscritos pola Consellería de Infraestruturas e Vivenda no primeiro cuadrimestre do ano 2017, que se incorporan como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2017

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Infraestruturas
e Vivenda no primeiro cuadrimestre de 2017

Descrición

Data

sinatura

Importe

Convenio de colaboración entre a Consellería de Infraestruturas e Vivenda da Xunta de Galicia, o Concello de Mos e a empresa Servizos de Autobús Lar, S.L., para a integración do transporte municipal de Mos no eido do Plan de transporte metropolitano de Galicia na ATM de Vigo.

21.2.2017

0

Prórroga do convenio de colaboración para o desenvolvemento conxunto do transporte metropolitano de Galicia na área de transporte metropolitano da Coruña, asinado con data do 22 de outubro de 2010.

11.4.2017

3.611.389,16 €

Prórroga do convenio de colaboración para o desenvolvemento conxunto do transporte metropolitano de Galicia na área de transporte metropolitano de Ferrol, asinado con data do 27 de decembro de 2010.

27.4.2017

943.618,17 €

Prórroga do convenio de colaboración para o desenvolvemento conxunto do transporte metropolitano de Galicia na área de transporte metropolitano de Santiago de Compostela, asinado con data do 3 de decembro de 2010.

28.4.2017

1.280.788,44 €