Antecedentes.
O psílido africano dos cítricos (Trioza erytreae Del Guercio) orixinario de África e amplamente distribuído nese continente, foi detectado en Europa inicialmente nos territorios insulares das Azores, Madeira e Canarias. En prospeccións oficiais realizadas durante o ano 2014 detectouse a presenza deste organismo nocivo dentro da Comunidade Autónoma de Galicia en varios concellos das provincias da Coruña e Pontevedra.
A Trioza erytreae Del Guercio é unha praga incluída na lista A2 da EPPO (European Plant Protection Organization), e a enfermidade que transmite, chamada Huanglongbing (HLB), causada pola bacteria Candidatus liberibacter africanus, está encadrada na lista A1 (EPPO, 2014), polo que ambos son parasitos de corentena sometidos a regulación e, por tanto, é necesario tomar medidas para a súa erradicación e control.
Este organismo nocivo tamén foi incluído no anexo I do Real decreto 58/2005, do 21 de xaneiro, polo que se adoptan medidas de protección contra a introdución e difusión no territorio nacional e da Comunidade Europea de organismos nocivos para os vexetais ou produtos vexetais, así como para a exportación ou tránsito cara a terceiros países, mediante a Orde AAA/1703/2014, do 18 de setembro, pola que se modifican os anexos I, II, III, IV e V do Real decreto 58/2005.
A través da Resolución do 10 de febreiro de 2015, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, publicada no DOG núm. 36, do 22 de febreiro, foi declarada a presenza desta praga de corentena e foron establecidas as medidas urxentes para a súa erradicación e control na Comunidade Autónoma de Galicia. Posteriormente, a Resolución do 1 de xullo de 2015 (DOG núm. 135, do 20 de xullo), da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, estableceu zonas demarcadas pola presenza do organismo e a Resolución do 1 de xullo de 2016, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, publicada no DOG núm. 44, do 4 de marzo, ampliaba estas zonas demarcadas.
Durante as prospeccións realizadas durante o ano 2016, así como nos primeiros meses do ano 2017, producíronse novas deteccións deste organismo noutras zonas do territorio e, por tanto, en aplicación do establecido no punto 4 da Resolución do 1 de xullo de 2015, deberá ser publicada a nova extensión destas zonas demarcadas.
Por todo o anteriormente exposto,
RESOLVO:
1. Establecer como zonas demarcadas pola existencia da praga denominada Trioza erytreae Del Guercio (psílido africano dos cítricos) na Comunidade Autónoma de Galicia as que se indican no anexo I e na listaxe de concellos e parroquias afectadas do anexo II desta resolución.
2. Manter as medidas fitosanitarias establecidas na Resolución do 1 de xullo de 2015, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, pola que se establecen as zonas demarcadas por presenza da praga de corentena denominada Trioza erytreae Del Guercio ou psílido africano dos cítricos e se adoptan medidas urxentes para a súa erradicación e control na Comunidade Autónoma de Galicia.
Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2017
Belén María do Campo Piñeiro
Directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias
ANEXO I
Figura 1. Mapa das zonas demarcadas de Trioza erytreae Del Guercio
ANEXO II
Listaxe de concellos e parroquias afectadas polas zonas demarcadas de Trioza erytreae Del Guercio
Provincia |
Comarca |
Concello |
Parroquia |
A Coruña |
A Barcala |
Baña (A) |
Todas |
A Coruña |
A Barcala |
Negreira |
Todas |
A Coruña |
A Coruña |
Arteixo |
Armentón (San Pedro), Arteixo (Santiago), Barrañán (San Xián), Chamín (Santaia), Lañas (Santa María), Larín (Santo Estevo), Monteagudo (San Tomé) e Sorrizo (San Pedro) |
A Coruña |
A Coruña |
Bergondo |
Bergondo (San Salvador), Moruxo (San Vicente) e Ouces (San Xoán) |
A Coruña |
A Coruña |
Cambre |
Anceis (San Xoán), Brexo (San Paio), Bribes (San Cibrán), Cambre (Santa María), Cecebre (San Salvador), Cela (San Xulián), Meixigo (San Lourenzo), O Temple (Santa María), Pravio (San Xoán) e Sigrás (Santiago) |
A Coruña |
A Coruña |
Culleredo |
Almeiras (San Xián), Culleredo (Santo Estevo) e O Burgo (Santiago) |
A Coruña |
A Coruña |
Oleiros |
Dorneda (San Martiño), Iñás (San Xorxe), Liáns (Santaia), Maianca (San Cosme), Oleiros (Santa María), Perillo (Santa Locacia), San Pedro de Nós (San Pedro) e Serantes (San Xián) |
A Coruña |
A Coruña |
Sada |
Meirás (San Martiño) e Sada (Santa María) |
A Coruña |
Arzúa |
Pino (O) |
Arca (Santaia) e Pereira (San Miguel) |
A Coruña |
Arzúa |
Touro |
Bama (San Vicenzo), Bendaña (Santa María), Enquerentes (Santa María), Fontes Rosas (San Xoán), Foxás (San Breixo), Loxo (Santa María), Prevediños (Santiago) e San Miguel de Vilar (San Miguel) |
A Coruña |
Barbanza |
Boiro |
Todas |
A Coruña |
Barbanza |
Pobra do Caramiñal (A) |
Todas |
A Coruña |
Barbanza |
Rianxo |
Todas |
A Coruña |
Barbanza |
Ribeira |
Todas |
A Coruña |
Bergantiños |
Cabana de Bergantiños |
A Silvarredonda (San Pedro), Borneiro (San Xoán), Canduas (San Martiño), Cesullas (Santo Estevo), Corcoesto (San Pedro), Cundíns (San Paio), Nantón (San Pedro), Riobó (San Martiño) e O Esto (San Xoán Bautista) |
A Coruña |
Bergantiños |
Carballo |
Bértoa (Santa María), Cances (San Martiño), Carballo (San Xoán), Goiáns (Santo Estevo), Lema (San Cristovo), Noicela (Santa María), Oza (San Breixo), Razo (San Martiño) e Vilela (San Miguel) |
A Coruña |
Bergantiños |
Coristanco |
Cereo (Santa María), Oca (San Martiño), Valenza (San Pedro) e Xaviña (San Tomé) |
A Coruña |
Bergantiños |
Laxe |
Todas |
A Coruña |
Bergantiños |
Laracha (A) |
Cabovilaño (San Román), Caión (Santa María do Socorro), Lemaio (Santa María), Lendo (San Xián), Lestón (San Martiño) e Torás (Santa María) |
A Coruña |
Bergantiños |
Malpica de Bergantiños |
Todas |
A Coruña |
Bergantiños |
Ponteceso |
Todas |
A Coruña |
Betanzos |
Miño |
Bemantes (San Tomé), Carantoña (San Xulián), Castro (Santa María), Leiro (San Salvador), Miño (Santa María), Perbes (San Pedro) e Vilanova (San Xoán) |
A Coruña |
Betanzos |
Paderne |
San Pantaleón das Viñas (San Pantaleón) |
A Coruña |
Eume |
Cabanas |
Laraxe (San Mamede) e San Martiño de Porto (San Martiño) |
A Coruña |
Eume |
Pontedeume |
Andrade (San Martiño), Boebre (Santiago), Breamo (San Miguel) e Centroña (Santa María) |
A Coruña |
Ferrol |
Ares |
Ares (San Xosé) e Caamouco (San Vicente) |
A Coruña |
Ferrol |
Cedeira |
Cedeira (Santa María do Mar), Esteiro (San Fiz), Piñeiro (San Cosme) e San Román de Montoxo (San Román) |
A Coruña |
Ferrol |
Fene |
Barallobre (Santiago), Limodre (Santa Eulalia) e Maniños (San Salvador) |
A Coruña |
Ferrol |
Mugardos |
Franza (Santiago), Meá (San Vicente) e Piñeiro (San Xoán) |
A Coruña |
Ferrol |
Valdoviño |
Pantín (Santiago), Vilaboa (San Vicente) e Vilarrube (San Martiño) |
A Coruña |
Fisterra |
Cee |
Todas |
A Coruña |
Fisterra |
Corcubión |
Todas |
A Coruña |
Fisterra |
Dumbría |
Todas |
A Coruña |
Fisterra |
Fisterra |
Todas |
A Coruña |
Fisterra |
Muxía |
Todas |
A Coruña |
Muros |
Carnota |
Todas |
A Coruña |
Muros |
Muros |
Todas |
A Coruña |
Noia |
Lousame |
Todas |
A Coruña |
Noia |
Noia |
Todas |
A Coruña |
Noia |
Outes |
Todas |
A Coruña |
Noia |
Porto do Son |
Todas |
A Coruña |
O Sar |
Dodro |
Todas |
A Coruña |
O Sar |
Padrón |
Todas |
A Coruña |
O Sar |
Rois |
Todas |
A Coruña |
Ordes |
Trazo |
Benza (San Pedro) e Restande (Santa María) |
A Coruña |
Ortegal |
Cerdido |
Cerdido (San Martiño) |
A Coruña |
Santiago |
Ames |
Todas |
A Coruña |
Santiago |
Boqueixón |
Todas |
A Coruña |
Santiago |
Brión |
Todas |
A Coruña |
Santiago |
Santiago de Compostela |
A Peregrina (Santa María), Aríns (San Martiño), Conxo (Santa María), Figueiras (Santa María), Laraño (San Martiño), Marrozos (Santa María), O Castiñeiriño (Nosa Señora de Fátima), O Eixo (San Cristovo), San Lázaro (Santiago), San Paio (Santiago), Santa Cristina de Fecha (Santa Cristina), Santiago de Compostela, Vidán (Divino Salvador), Villestro (Santa María) e Vista Alegre (San Xoán) |
A Coruña |
Santiago |
Teo |
Todas |
A Coruña |
Santiago |
Val do Dubra |
Todas |
A Coruña |
Santiago |
Vedra |
Todas |
A Coruña |
Terra de Soneira |
Camariñas |
Todas |
A Coruña |
Terra de Soneira |
Vimianzo |
Todas |
A Coruña |
Terra de Soneira |
Zas |
Baio (Santa María), Brandomil (San Pedro), Brandoñas (Santa María), Carreira (Santiago), Lamas (Santa María), Loroño (Santiago), Mira (Santa María), Muíño (San Tirso), San Cremenzo de Pazos (San Cremenzo), San Martiño de Meanos (San Martiño), Santa Sía de Roma (Santa Sía), Santo Adrián de Castro (Santo Adrián), Vilar (San Pedro) e Zas (Santo André) |
A Coruña |
Xallas |
Mazaricos |
Todas |
A Coruña |
Xallas |
Santa Comba |
A Pereira (Santo André), Alón (Santa María), Arantón (San Vicente), Cícere (San Pedro), Fontecada (San Martiño), Freixeiro (San Fins), Grixoa (San Xoán), Mallón (San Cristovo), Montouto (Santa María), San Salvador de Padreiro (San Salvador), Santa Comba (San Pedro), Santa Sabiña (San Xulián), Ser (San Pedro), Vilamaior (Santa María) e Xallas de Castriz (San Pedro) |
Ourense |
O Carballiño |
Beariz |
Beariz (Santa María) e Xirazga (San Salvador) |
Ourense |
O Carballiño |
Boborás |
Astureses (San Xulián), Cardelle (San Silvestre), Xurenzás (San Pedro) e Xuvencos (Santa María) |
Ourense |
O Carballiño |
Carballiño (O) |
A Piteira (San Miguel), Arcos (Santa María), Lobás (Santa Ouxea), Longoseiros (Santa Mariña), Madamás (San Tomé), Mudelos (Santiago), O Carballiño (San Cibrao), Ponte Veiga (San Lourenzo) e Seoane de Arcos (San Xoán) |
Ourense |
O Carballiño |
Irixo (O) |
Cangues (Santo Estevo), Corneda (Santiago), Dadín (San Pedro), Loureiro (Santa Mariña) e Reádigos (Santa Baia) |
Ourense |
O Ribeiro |
Arnoia (A) |
Todas |
Ourense |
O Ribeiro |
Avión |
Todas |
Ourense |
O Ribeiro |
Carballeda de Avia |
Carballeda (San Miguel), Santo Estevo de Nóvoa (Santo Estevo) e Vilar de Condes (Santa María) |
Ourense |
O Ribeiro |
Castrelo de Miño |
Castrelo de Miño (Santa María) |
Ourense |
O Ribeiro |
Cortegada |
Todas |
Ourense |
O Ribeiro |
Melón |
Todas |
Ourense |
O Ribeiro |
Ribadavia |
Francelos (Santa María Madanela), Ribadavia (San Domingos de Fóra), Ribadavia (San Domingos) e Ventosela (San Paio) |
Ourense |
Terra de Celanova |
Cartelle |
Sande (San Salvador) |
Ourense |
Terra de Celanova |
Gomesende |
Todas |
Ourense |
Terra de Celanova |
Padrenda |
Desteriz (San Miguel), O Condado (Santa María) e Padrenda (San Cibrán) |
Ourense |
Terra de Celanova |
Pontedeva |
Todas |
Ourense |
Terra de Celanova |
Ramirás |
Escudeiros (San Xoán) e Penosiños (San Salvador) |
Pontevedra |
A Paradanta |
Arbo |
Todas |
Pontevedra |
A Paradanta |
Cañiza (A) |
Todas |
Pontevedra |
A Paradanta |
Covelo |
Todas |
Pontevedra |
A Paradanta |
Crecente |
Todas |
Pontevedra |
Caldas |
Caldas de Reis |
Todas |
Pontevedra |
Caldas |
Catoira |
Todas |
Pontevedra |
Caldas |
Cuntis |
Todas |
Pontevedra |
Caldas |
Moraña |
Todas |
Pontevedra |
Caldas |
Pontecesures |
Todas |
Pontevedra |
Caldas |
Portas |
Todas |
Pontevedra |
Caldas |
Valga |
Todas |
Pontevedra |
Deza |
Lalín |
Anseán (Santiago), Barcia (Santo Estevo), Losón (Santa Baia) e Vilatuxe (San Lourenzo) |
Pontevedra |
Deza |
Silleda |
Ansemil (San Pedro), Breixa (Santiago), Carboeiro (Santa María), Cervaña (San Salvador), Chapa (San Cibrao), Cira (Santa Baia), Cortegada (Santa María), Dornelas (San Martiño), Escuadro (San Salvador), Fiestras (San Martiño), Graba (Santa María), Lamela (San Miguel), Laro (San Salvador), Manduas (San Tirso), Margaride (San Fiz), Martixe (San Cristovo), Moalde (San Mamede), Negreiros (San Martiño), O Castro (San Mamede), Oleiros (San Miguel), Parada (San Tomé), Piñeiro (San Xiao), Ponte (San Miguel), Refoxos (San Paio), Rellas (San Martiño), Saídres (San Xoán), Siador (San Miguel), Silleda (Santa Baia) e Xestoso (Santa María) |
Pontevedra |
Deza |
Vila de Cruces |
As Cruces (Nosa Señora da Piedade), Bodaño (San Mamede), Carbia (San Xoán), Ferreirós (San Xes), Fontao (Santiago), Merza (Santa María), Ollares (Santa María), Oirós (Santa María), Piloño (Santa María), Sabrexo (Santa María), Salgueiros (San Pedro), San Pedro de Losón (San Pedro) e San Tomé de Insua (San Tomé) |
Pontevedra |
O Baixo Miño |
Guarda (A) |
Todas |
Pontevedra |
O Baixo Miño |
Oia |
Todas |
Pontevedra |
O Baixo Miño |
Rosal (O) |
Todas |
Pontevedra |
O Baixo Miño |
Tomiño |
Todas |
Pontevedra |
O Baixo Miño |
Tui |
Todas |
Pontevedra |
O Condado |
Mondariz |
Todas |
Pontevedra |
O Condado |
Mondariz-Balneario |
Todas |
Pontevedra |
O Condado |
Neves (As) |
Todas |
Pontevedra |
O Condado |
Ponteareas |
Todas |
Pontevedra |
O Condado |
Salvaterra de Miño |
Todas |
Pontevedra |
O Morrazo |
Bueu |
Todas |
Pontevedra |
O Morrazo |
Cangas |
Todas |
Pontevedra |
O Morrazo |
Marín |
Todas |
Pontevedra |
O Morrazo |
Moaña |
Todas |
Pontevedra |
O Salnés |
Cambados |
Todas |
Pontevedra |
O Salnés |
Grove (O) |
Todas |
Pontevedra |
O Salnés |
Illa de Arousa (A) |
Todas |
Pontevedra |
O Salnés |
Meaño |
Todas |
Pontevedra |
O Salnés |
Meis |
Todas |
Pontevedra |
O Salnés |
Ribadumia |
Todas |
Pontevedra |
O Salnés |
Sanxenxo |
Todas |
Pontevedra |
O Salnés |
Vilagarcía de Arousa |
Todas |
Pontevedra |
O Salnés |
Vilanova de Arousa |
Todas |
Pontevedra |
Pontevedra |
Barro |
Todas |
Pontevedra |
Pontevedra |
Campo Lameiro |
Todas |
Pontevedra |
Pontevedra |
Cotobade |
Todas |
Pontevedra |
Pontevedra |
Lama (A) |
Todas |
Pontevedra |
Pontevedra |
Poio |
Todas |
Pontevedra |
Pontevedra |
Ponte Caldelas |
Todas |
Pontevedra |
Pontevedra |
Pontevedra |
Todas |
Pontevedra |
Pontevedra |
Vilaboa |
Todas |
Pontevedra |
Tabeirós-Terra de Montes |
Cerdedo |
Todas |
Pontevedra |
Tabeirós-Terra de Montes |
Estrada (A) |
Todas |
Pontevedra |
Tabeirós-Terra de Montes |
Forcarei |
Aciveiro (Santa María), Castrelo (Santa Mariña), Dúas Igrexas (Santa María), Forcarei (San Martiño), Meavía (San Xoán), Millarada (San Amedio), Pereira (San Bartolomeu), Quintillán (San Pedro) e Santa Mariña de Presqueiras (Santa Mariña) |
Pontevedra |
Vigo |
Baiona |
Todas |
Pontevedra |
Vigo |
Fornelos de Montes |
Todas |
Pontevedra |
Vigo |
Gondomar |
Todas |
Pontevedra |
Vigo |
Mos |
Todas |
Pontevedra |
Vigo |
Nigrán |
Todas |
Pontevedra |
Vigo |
Pazos de Borbén |
Todas |
Pontevedra |
Vigo |
Porriño (O) |
Todas |
Pontevedra |
Vigo |
Redondela |
Todas |
Pontevedra |
Vigo |
Salceda de Caselas |
Todas |
Pontevedra |
Vigo |
Soutomaior |
Todas |
Pontevedra |
Vigo |
Vigo |
Todas |