Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 23 de xuño de 2017 Páx. 31135

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1082/2014).

Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 4 da Coruña, vistos estes autos seguidos neste xulgado co número 1082/2014, sendo parte nel, dun lado, como demandante, María Carmen Morales Sánchez, asistida polo letrado Sr. Páramo Sureda, e, doutro, como demandada, a empresa Centro Clínico Ribadeo, S.L., que non comparece, con intervención do Fondo de Garantía Salarial, que igualmente deixa de comparecer, sobre reclamación de cantidade, pronunciou en nome do rei a seguinte sentenza:

«Resolvo:

Estímase a demanda formulada por María Carmen Morales Sánchez contra a empresa Centro Clínico Ribadeo, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial, e en consecuencia:

– Condénase a empresa Centro Clínico Ribadeo, S.L. a aboarlle a María Carmen Morales Sánchez a cantidade de trescentos oitenta euros con trinta e cinco céntimos de euro (380,35 euros).

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da Lei reguladora da xurisdición social (LRXS).

A competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, de ser o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución. Abondará coa manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, no momento de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

A Coruña, 30 de maio de 2017