Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 26 de xuño de 2017 Páx. 31302

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 2017, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso na categoría 003 (ordenanzas e outras) do grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, convocado pola Orde do 25 de febreiro de 2016 (Diario Oficial de Galicia número 45, do 7 de marzo), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio da fase de oposición.

En sesión que tivo lugar o día 15 de xuño de 2017, o tribunal nomeado pola Orde do 27 de febreiro de 2017 (DOG núm. 44, do 3 de marzo) e modificado pola Orde de 9 de marzo de 2017 (DOG núm. 52, do 15 de marzo) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso na categoría 003 (ordenanzas e outras) do grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual acordou, de conformidade co disposto na base 2.1.2 da convocatoria, que o segundo exercicio da fase de oposición terá lugar o día sete (7) de xullo de 2017, nas aulas 2, 10, 11, 16, 17 e 18 da Facultade de Dereito, en Santiago de Compostela (Campus Vida, avda. Dr. Ángel Echeverri, s/n), en chamamento único, que se iniciará ás 16.00 horas.

A relación de persoas aspirantes que non acreditaron en prazo posuír o Celga 2 ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo) e que terán que realizar este exercicio está publicada na páxina web da Xunta de Galicia seguindo a ruta: http://www.xunta.es/dxfp/Laborais/OPE2015/5-003/Galego.pdf.

As persoas aspirantes irán provistas de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, e bolígrafo de cor azul ou negra.

Non se permitirá o acceso á aula onde se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas ou calquera outro instrumento do que se poidan valer as persoas aspirantes para auxiliarse na realización do exercicio. Non haberá servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2017

Constantino Piñeiro Cajete
Presidente do tribunal