Advertidos erros na citada resolución publicada no Diario Oficial de Galicia número 115, do 19 de xuño de 2017, cómpre efectuar as siguintes modificacións:
Na páxina 29712 onde di: «DISPOÑO:», debe dicir: «ACORDO:»
No artigo 2.b), na páxina 29713 onde di:
«b) O persoal laboral docente dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que se encontre en situación de servizo activo ou de excedencia por coidado de familiares».
Debe dicir:
«b) O persoal laboral docente dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que se encontre en situación de servizo activo ou de excedencia por coidado de familiares ou de excedencia por violencia de xénero no prazo de solicitude establecido no artigo 5».
No artigo 3.1, na páxina 29713 onde di:
«1. Ter un fillo ou filla menor de catro anos, ou ter e convivir cun fillo ou filla menor de seis anos cando se trate dun núcleo familiar composto por un único proxector ou proxenitora que non conviva con outra persoa coa que manteña unha relación análoga á conxugal»,
Debe dicir:
«1. Tipo I) Ter un fillo ou filla menor de catro anos, ou ter e convivir cun fillo ou filla menor de seis anos cando se trate dun núcleo familiar composto por un único proxector ou proxenitora que non conviva con outra persoa coa que manteña unha relación análoga á conxugal».
Na páxina 29718 onde di: «Disposición derrogatoria», debe dicir: «Disposición derrogatoria única».