Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 28 de xuño de 2017 Páx. 31760

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 19 de maio de 2017, da Zona Centro, polo que se somete a información pública a tramitación dunha concesión administrativa con destino á instalación e explotación de caseta desmontable para bar-cafetaría no dominio público portuario de Aguiño, solicitada por José Sanmartín Crugeiras (expediente 12-46-15-C-1).

Estase a tramitar na Xefatura da Zona Centro de Portos de Galicia unha concesión administrativa a favor de José Sanmartín Crugeiras para a instalación e explotación de caseta desmontable para bar-cafetaría no dominio público portuario de Aguiño, de acordo co Proxecto básico modificado xaneiro 2016. Concesión administrativa de instalacións destinadas a cafetaría, asinado no mes de xaneiro de 2016 polo enxeñeiro industrial Fernando García-Pintos Escuder (colexiado número 907).

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 85 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante (BOE núm. 253, do 20 de outubro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro de Portos de Galicia, situadas na rúa Alférez Provisional, 5-1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com.

A Coruña, 19 de maio de 2017

Lorena Solana Barjacoba
Xefa da Zona Centro de Portos de Galicia