Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 28 de xuño de 2017 Páx. 31761

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 15 de xuño de 2017 pola que se notifica reclamación de custos ocasionados pola retirada do porto de Combarro e o desmantelamento de embarcación.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase a Inversiones Mapama, S.L., con CIF B36819738, requirimento da Dirección de Portos de Galicia do 6 de xuño de 2017 para proceder ao aboamento de custos ocasionados pola retirada do porto de Combarro e o desmantelamento da embarcación de nome Antigua II, con matrícula 7ª-BA-2-517-92, por non ser posible a notificación no domicilio.

Este anuncio se publicará no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

A presente reclamación emítese unha vez que a embarcación que se cita se incauta en virtude de resolución da Presidencia de Portos de Galicia do 7 de outubro de 2015, publicada no BOE número 278, do 20 de novembro, por constituír a embarcación un risco ambiental e carecer de valor venal.

O importe a que ascendeu a retirada e o desmantelamento da embarcación foi de 5.445,00 euros, IVE incluído.

O requirimento emítese ao abeiro dos artigos 100, 101 e 102 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e do artigo 66 do Regulamento de servizo e policía portuarios aprobado pola Orde ministerial do 12 de xuño de 1976.

Para o pagamento da cantidade a que ascendeu o custo de reposición, que deberá de realizarse nos prazos previstos no artigo 62 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, baixo a advertencia de exacción pola vía executiva, empregarase o modelo de impreso anexo á presente cédula.

O presente requirimento, que ten eficacia executiva, non esgota a vía administrativa e é susceptible de recurso de alzada, que deberá ser interposto ante a Presidencia de Portos de Galicia no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación.

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2017

José Ignacio Villar García
Director de Portos de Galicia

missing image file