Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 28 de xuño de 2017 Páx. 31763

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a ampliación do prazo de presentación de proposicións da licitación do servizo de ampliación e renovación de licenzas da ferramenta corporativa de protección de sistemas informáticos. Contratación documentalmente simplificada (expediente AB-SER1-17-015).

En relación coa convocatoria publicada no DOG núm. 113, do 15 de xuño de 2017, pola que se publicou a licitación do servizo de ampliación e renovación de licenzas da ferramenta corporativa de protección de sistemas informáticos, acórdase que o prazo de presentación de proposicións se amplíe ata o día 11 de xullo de 2017.

A apertura do sobre B terá lugar o décimo primeiro día natural contado desde o seguinte ao da finalización de presentación das ofertas, ás 9.00 horas na sala 2.1 do Edificio Administrativo de San Lázaro.

Permanecen inalterados o resto dos aspectos detallados no anuncio orixinario, todo isto de conformidade co artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2017

Mª Jesús Piñeiro Bello
Directora xeral de Recursos Económicos