Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 28 de xuño de 2017 Páx. 31734

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 25 de abril de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello do Porriño (expediente IN407A 2017/136-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Construcciones Louriña, S.A.

Domicilio social: r/ Antonio Palacios, 56 baixo, 36400 O Porriño.

Denominación: LMTS e CT rúa Os Muíños, 13.

Situación: O Porriño.

Características técnicas: LMT subterránea a 15 kV con condutor RHZ1 de 174 metros de lonxitude, con orixe e final na arqueta existente na LMTS ATI734 polígono Pemos, 2, unha vez que entre e saia do centro de transformación proxectado. Centro de transformación de 250 kVA, RT 15 kV/400 V, situación na planta baixa do edificio situado na rúa Os Muíños, nº 13, O Porriño.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; Edificio Administrativo na avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 25 de abril de 2017

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra