Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 28 de xuño de 2017 Páx. 31735

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 2 de xuño de 2017, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador incoado por infracción administrativa na orde social 2015/0002-0.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada a notificación persoal e devoltas polo servizo de Correos por resultar imposible a súa práctica, por este anuncio notifícaselle á empresa relacionada no anexo a resolución ditada no expediente sancionador na orde social.

O texto íntegro da resolución poderase consultar nas dependencias da Secretaría Xeral de Emprego, situada no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, no prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado. Transcorrido este prazo, teranse por notificadas as actuacións.

A resolución pon fin á vía administrativa, polo que os interesados poderán impugnalas, ante os xulgados do social, no prazo de dous meses contados desde a súa publicación, de acordo co disposto nos artigos 2.n) e 6.2.b) da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

Advírteselles que terán que aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización do impreso que poderán solicitar na correspondente xefatura territorial ou nos servizos centrais da Consellería de Economía, Emprego e Industria, no número de conta, na entidade bancaria e no prazo que nel se sinala, dentro do prazo de pagamento do período voluntario, xa que, noutro caso, se incoará o procedemento pola vía de constrinximento.

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2017

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego

ANEXO

Empresa

Domicilio
Localidade

Nº expediente
Acta de infracción

Data resolución

Preceptos

Sanción imposta

Infrinxidos

Sancionadores

Manuel Hermida Rodríguez

Avenida de Vigo, 216, 1º A, Chapela, Redondela

RL 2015/0002-0 112922/2104/4/V

27 de xaneiro de 2017

Artigo 11.1 da Lei 42/1997, do 14 de novembro, ordenadora da Inspección de Traballo e Seguridade Social

Artigo 50.4.a) e c) do texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado mediante o Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

100.000 €