JVB xuízo verbal 340/2016
Procedemento orixe: /
Sobre outros verbal
Demandante: Eugenio Etcheverría López
Procurador: Luis Ángel Painceira Cortizo
Avogada: Ana Belén Luaces Alvariño
Demandada: Mercedes Martín Garrido
Eu, Eduardo Paredes Simón, letrado da Administración de xustiza, do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Betanzos,
Anuncio
Que no presente procedemento de xuízo verbal 340/2016, seguido por instancia de Eugenio Etcheverría López contra Mercedes Martín Garrido, foi ditada sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva din:
«Sentenza
Betanzos, 26 de abril de 2017
Vistos por min, Carmen López Moure, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Betanzos, os presentes autos de xuízo verbal, con número 340/2016, seguido por instancia de Eugenio Etcheverría López, representado polo procurador Sr. Painceira Cortizo e baixo a dirección letrada da Sra. Luaces Alvariño, contra Mercedes Martín Garrido, declarada en situación procesual de rebeldía.
Decido:
Que debo acordar e acordo estimar a demanda formulada por Eugenio Etcheverría López contra Mercedes Martín Garrido e, en consecuencia, debo condenar e condeno esta última a aboar ao demandante a cantidade de 5.438,36 euros, en concepto de rendas non pagas e demais gastos, máis os xuros legais correspondentes a esa suma, desde a data da reclamación xudicial (11 de agosto de 2016) ata a data da sentenza, con aplicación dos xuros do artigo 576 da LAC desde a data da sentenza até o seu completo e definitivo pagamento.
Todo iso con expresa imposición de custas á parte demandada.
Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela cabe interpor recurso de apelación no prazo de vinte días ante a Audiencia Provincial da Coruña.
Así o acordo, mando e asino. Carmen López Moure, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Betanzos e o seu partido xudicial».
E atopándose a dita demandada, Mercedes Martín Garrido, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto a fin de que lle sirva de notificación en forma.
Betanzos, 3 de maio de 2017
O letrado da Administración de xustiza