Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 28 de xuño de 2017 Páx. 31706

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (110/2015).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 110/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mohamed Ez Zakri contra a empresa Tamara Martínez González, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Sentenza.

A Coruña, 11 de maio de 2017.

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, vistos os presentes autos seguidos neste xulgado co número 110/2015, en que foron parte, por un lado, como demandante, Mohamed Ez Zakri, asistido polo letrado José Nogueira Esmorís, e como demandada Tamara Martínez González, que non comparece, sobre reclamación de cantidade, pronunciou, en nome do rei, a seguinte sentenza:

Antecedentes de feito:

Primeiro. A parte demandante presentou demanda que por quenda lle correspondeu a este Xulgado do Social número 2 da Coruña, na cal, tras expor os feitos e alegar os fundamentos de dereito que considerou pertinentes, terminaba suplicando que se ditase sentenza conforme o solicitado.

Segundo. Admitida a trámite a demanda, sinalouse o acto de xuízo, que tivo lugar na data sinalada en todas as súas fases, co resultado que consta na acta redactada para o efecto e que quedou debidamente gravado no correspondente soporte CD. Unha vez concluído o acto do xuízo, quedaron os autos vistos para ditar sentenza.

Terceiro. Na tramitación dos presentes autos observáronse as normas legais de procedemento.

Resolvo:

Que, estimando a demanda interposta polo demandante Mohamed Ez Zakri, debo condenar e condeno a empresa Tamara Martínez González a que lle aboe ao demandante a cantidade de 1.548,80 euros polos conceptos reclamados na demanda.

Notifíquese esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela non cabe recurso de suplicación.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Tamara Martínez González, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 16 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza