Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 28 de xuño de 2017 Páx. 31711

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (281/2014).

Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado xuiz do Xulgado do Social número 4 da Coruña, vistos os presentes autos seguidos neste xulgado co número 281/2014 en que foron parte, por un lado, como demandante, José Manuel López Rivas, asistido pola letrada Sra. Pire Castaño e, por outro, como demandados, o Instituto para a Reestruturación da Minaría do Carbón e Desenvolvemento, asistida polo letrado do Estado, Sr. Suárez de Centi, a mercantil Willis Iberia Correduría de Seguros y Reaseguros, S.A., asistida polo letrado Sr. Jurado López, sen que compareza a UTE Pagos Minería, Banco Ceiss, Ibercaja Banco, Liberbank, NCG Banco, Gesinca, nin ningunha das empresas que a constitúe, a entidade Gestora Minera, S.L., nin o Fondo de Garantía Salarial, sobre reclamación de cantidade, pronunciou, en nome do rei, a seguinte sentenza.

Resolución:

Desestímase a demanda interposta por José Manuel López Rivas fronte a Instituto para a Reestruturación da Minaría do Carbón e Desenvolvemento, UTE Pagos Minería, Banco Ceiss, Ibercaja Banco, Liberbank, NCG Banco, Gesinca, entidade Gestora Minera, S.L., Willis Iberia Correduría de Seguros y Reaseguros, S.A., estímase a excepción de falta de lexitimación pasiva desta última, con intervención do Fondo de Garantía Salarial, e absolvo a todos os demandados das pretensións fronte a eles exercidas.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, e facer constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

A Coruña, 1 de xuño de 2017