Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña, tendo visto os presentes autos seguidos neste xulgado co número 679/2014, en que son parte, dun lado, como demandante María del Carmen Fraga Amor, asistida pola letrada Sra. Gómez Lozano, e, doutro, como demandadas, as empresas Tecdeli Desinfección y Limpieza, S.L.U., que non comparece, Limpec 21, S.A., asistida pola letrada Sra. Rodríguez Amoroso, a UTE Ampliación Sur Areosa, asistida pola graduada social Sra. Roo Pereiro, e a mercantil Sogama, asistida pola letrada Sra. Pereira Sáez, sobre reclamación de cantidade, pronunciou en nome do rei, a seguinte sentenza.
«Decido:
Estímase parcialmente a demanda interposta por María del Carmen Fraga Amor contra as empresas Tecdeli Desinfección y Limpieza, S.L.U., a súa administración concursal, Limpec 21, S.A., UTE Ampliación Sur Areosa y Sogama, con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:
– Absólvese Limpec 21, S.A., UTE Ampliación Sur Areosa e Sogama das pretensións exercidas contra elas.
– Condénase Tecdeli Desinfección y Limpieza, S.L.U. a aboar a María del Carmen Fraga Amor a cantidade de catro mil trescentos oitenta e oito euros con corenta e tres céntimos de euro (4.388,43 euros), producindo os conceptos salariais o xuro moratorio previsto no artigo 29.3 do ET.
Notifíquese a presente resolución ás partes:
Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, para o cal basta a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.
Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, cando anuncie o recurso, consignar a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.
Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».
A Coruña, 1 de xuño de 2017