Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 28 de xuño de 2017 Páx. 31679

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2017 pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do exercicio 2017.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG núm. 136, do 14 de xullo), establece que as entidades de dereito público vinculadas ou dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia deberán publicar, no Diario Oficial de Galicia, unha relación dos convenios de colaboración asinados.

Polo que antecede, en virtude das facultades que teño concedidas,

RESOLVO:

Artigo único

Facer pública a relación dos convenios subscritos polo Instituto Galego de Promoción Económica no primeiro cuadrimestre do exercicio 2017, que se anexa a esta resolución.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2017

Juan Manuel Cividanes Roger
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO

Convenio

Data

sinatura

Importe €

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e Serviguide Consultoría, S.L. co fin de acoller bolseiros/as para a realización de proxectos de mellora da competitividade nas pemes.

11.1.2017

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e Estratega Consulting Gobla, S.L. co fin de acoller bolseiros/as para a realización de proxectos de mellora da competitividade nas pemes.

16.1.2017

Sen achega económica

Acordo de colaboración entre o IGVS, o Igape, o Concello de Santiago de Compostela, a Universidade de Santiago de Compostela, a Asociación Área Empresarial do Tambre e a Cámara de Comercio de Santiago de Compostela para a reindustrialización empresarial e a promoción do asentamento de empresas e captación de proxectos de investimento.

16.1.2017

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Federación Galega de Xoves Empresarios co fin de acoller bolseiros/as para a realización de proxectos de mellora da competitividade nas pemes.

25.1.2017

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e OBZ, S.L. co fin de acoller bolseiros/as para a realización de proxectos de mellora da competitividade nas pemes.

6.2.2017

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e Ageinco co fin de acoller bolseiros/as de internacionalización.

1.3.2017

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e NW Auditores, S.L.P. co fin de acoller bolseiros/as para a realización de proxectos de mellora da competitividade nas pemes.

25.4.2017

Sen achega económica