Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 29 de xuño de 2017 Páx. 31845

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Segunda)

EDICTO (4170/2013).

No procedemento ordinario 4170/2013 seguido por instancia de Juan Manuel Brea Chapado contra a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, e o Concello de Verín, se acordou librar o presente, co fin de que se publique nese Diario Oficial de Galicia, a parte dispositiva da sentenza ditada pola sala terceira, sección quinta do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo.

Resolvo:

Por todo o exposto, en nome do rei e pola autoridade que lle confire a Constitución, esta Sala ten decidido. 1º. Que debemos declarar e declaramos que procede o recurso de casación 1125/2016 interposto por Juan Manuel Brea Chapado, contra a sentenza ditada pola Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en data 21 de xaneiro de 2016, no recurso contencioso-administrativo 4170/2013, sobre aprobación definitiva do Plan xeral de ordenación municipal do municipio de Verín (Ourense). 2º. Que debemos anular, e anulamos e casamos, a citada sentenza. 3º. Que debemos estimar e estimamos o recurso contencioso-administrativo 4170/2013, formulado por Juan Manuel Brea Chapado contra a Orde da Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, do 7 de decembro de 2012, pola que foi definitivamente aprobado o Plan xeral de ordenación municipal de Verín. 4º. Que declaramos a devandita orden e o Plan xeral de ordenación urbana de Verín por esta aprobado contrarias ao ordenamento xurídico, e, en consecuencia, anulámolos. 5º. Que non facemos expresa imposición das custas causadas na instancia e en casación. 6º. Publíquese a resolución desta sentenza no Diario Oficial de Galicia, para os efectos previstos no artigo 72.2 da Lei xurisdicional 29/1998, do 13 de xullo. Notifíquese esta resolución ás partes e insírase na colección lexislativa. Así se acorda e asina. Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza polo maxistrado relator, Rafael Fernández Valverde, estando constituída a Sala en Audiencia Pública, o que, como letrada da Administración de Xustiza, certifico.

A Coruña, 6 de xuño de 2017

Inmaculada Pérez Arrojo
Letrada da Administración de xustiza