Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 29 de xuño de 2017 Páx. 31846

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (5342/2016).

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 5342/2016-CON desta sección, seguido por instancia de Felipe Manuel Santiago Pedrosa contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua Umivale, Mutua Galega de Accidentes de Traballo, S&V Seguridade, S.A., Prosegur Compañía de Seguridad, S.A. sobre accidente, se ditou a seguinte resolución:

Estimamos o recurso de suplicación interposto por Felipe Manuel Santiago Pedrosa fronte á sentenza do Xulgado do Social número 1 da Coruña, ditada nos autos número 962/2014 seguidos fronte ao INSS, S&V Seguridade, S.A., Mutua Umivale, Mutua Galega de Accidentes de Traballo e Prosegur Compañía de Seguridad, S.A. Todo iso declarando a nulidade da sentenza de instancia, e repoñendo as actuacións ao momento de ditar sentenza para que se proceda a ditar resolución polo maxistrado de instancia con plena liberdade de criterio.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37 seguida do catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandamos e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a S&V seguridade, S.A, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 6 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza