Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 29 de xuño de 2017 Páx. 31866

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 59/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 59/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Antonio Regueiro Carreira contra Talleres Fernández Coruña, S.L., SS Fernández Concesionario, S.L., Ifer Coruña, S.L., Talleres J. y M. Fernández, S.L.U., Automóviles J y M Fernández, S.L.U. e Fogasa, se ditou a seguinte resolución:

Decreto

Letrada da Administración de xustiza María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2017

Antecedentes de feito

Primeiro. Juan Antonio Regueiro Carreira presentou solicitude de execución da sentenza 374/2016, do 23.11.2016, ditada no procedemento DSP 668/2014 fronte a Talleres Fernández Coruña, S.L., SS Fernández Concesionario, S.L., Ifer Coruña, S.L., Talleres J. y M. Fernández, S.L.U., Automóviles J y M Fernández, S.L.U. e Fogasa e, atendendo á dita solicitude, con data 9.3.2017, este órgano xudicial ditou auto en que despachaba orde xeral de execución pola cantidade de 15.523,82 euros en concepto de principal (12.622,4 euros en concepto de salarios, 2.901,42 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 ET respecto da cantidade anterior), máis outros 1.552,38 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Segundo. Consta nas actuacións a declaración previa de insolvencia da parte aquí executada Talleres J. y M. Fernández, S.L.U., Automóviles J y M Fernández, S.L.U., SS Fernández Concesionario, S.L. por decreto do 29.3.2017, ditado por este órgano xudicial no procedemento ETX 94/2015 e de Talleres Fernández Coruña, S.L. e Ifer Coruña, S.L., realizada por decreto do 11 de novembro de 2016, ditado pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no procedemento de execución de títulos xudiciais 6/2015.

Terceiro. Para cumprir o requisito que se contén no artigo 276.3 da LXS ditouse, con data do 9.3.2017, decreto en que se daba audiencia previa á parte demandante e ao Fondo de Garantía Salarial para que sinalasen, de ser o caso, a existencia de novos bens co resultado que consta en autos.

Fundamentos de dereito

Primeiro. Dispón o artigo 276.3 da LXS que, unha vez declarada xudicialmente a insolvencia dunha empresa, iso será base suficiente para estimar a súa pervivencia noutras execucións, e poderase ditar o decreto de insolvencia sen necesidade de reiterar as indagacións de bens do artigo 250 desta lei, e deberase dar audiencia previa á parte demandante e ao Fondo de Garantía Salarial para que sinalen a existencia de novos bens.

Segundo. Na presente executoria cumpríronse os requisitos e trámites de indagación de bens establecidos nos artigos 250 e 276 da LXS, que supón concluír respecto da executada a pervivencia da situación de insolvencia xa que non se coñecen novos bens daquela sobre os cales facer efectivas as actividades de execución, polo que procede, cumprindo o efecto previsto no artigo 276.2 da LXS, declarar a insolvencia total, que se deberá entender provisional para todos os efectos, ata que se coñezan novos bens do executado.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva

Acordo:

a) Declarar os executados Talleres Fernández Coruña, S.L., SS Fernández Concesionario, S.L., Ifer Coruña, S.L., Talleres J. y M. Fernández, S.L.U., Automóviles J y M Fernández, S.L.U., en situación de insolvencia total por importe de 15.523,82 euros de principal (12.622,40 euros en concepto de salarios + 2.901,42 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET calculados respecto da cantidade anterior) máis outros 1.552,38 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se no sucesivo se coñecen novos bens do executado.

c) Unha vez que sexa firme a presente resolución, inscribila no rexistro correspondente.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei de xurisdición social, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Contra esta resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante este órgano xudicial no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida a xuízo do recorrente (artigo 188 da Lei de xurisdición social). O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta nº 0049 3569 9200 0500 1274, no Banco Santander, S.A., debendo indicar no campo concepto “recurso” seguida do código “31 Social-Revisión de resolucións letrado da Administarción de xustiza”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación “recurso” seguida do “31 Social-Revisión de resolucións letrado da Administarción de xustiza”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un depósito por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento en todo caso o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

E para que sirva de publicación en legal forma a Talleres Fernández Coruña, S.L., SS Fernández Concesionario, S.L., Talleres J. y M. Fernández, S.L.U., Automóviles J y M Fernández, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza