Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 30 de xuño de 2017 Páx. 32138

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 164/2015).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Daniel García Dios contra Diconsa Diseño y Construcción, S.A., Retaibo, S.L., Jesús Ángel Alonso Álvarez e Fondo de Garantía Salarial, en reclamación por ordinario, rexistrado co número de procedemento ordinario 164/2015, se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar a Diconsa Diseño y Construcción, S.A., Retaibo, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que comparezan o día 11 de outubro de 2017, ás 12.05 horas, na planta baixa, sala 1, Edificio Rúa Berlín, para a celebración dos actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo. Poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberá acudir con todos os medios de proba de que se intente valer, coa advertencia de que é única convocatoria e que estes actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretenda comparecer no acto de xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, unha vez trasladada esta intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de se valer no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación a Diconsa Diseño y Construcción, S.A., Retaibo, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Boletín Oficial da provincia e colocación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza