1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Concello de Bergondo.
b) Dependencia que tramita o expediente: Contratación.
c) Nº expediente: OA-04-2017.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: execución da obra de rede de pluviais na Brea, Guísamo.
b) Lugar de execución: Concello de Bergondo.
c) Prazo de execución (meses): 3 (tres).
3. Tramitación e procedemento.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto, cun único criterio de valoración: factor prezo.
4. Orzamento de licitación.
A. Valor estimado: 51.439,41 €; B. IVE (21 %): 10.802,28 €. Importe total: A+B: 62.241,69 €.
5. Garantías.
Provisional: non se exixe.
Definitiva: 5 % do prezo de adxudicación (excluído o IVE).
6. Obtención de documentación e información.
Entidade: Concello de Bergondo.
Enderezo: estrada da Coruña, nº 12.
Localidade e código postal: Bergondo 15165.
Teléfono: 981 79 12 52.
Fax: 981 79 42 33.
7. Clasificación do contratista: non se exixe.
Clasificación indicativa para os efectos do disposto no artigo 65.1.a), parágrafo 2º do TRLCSP: grupo E; subgrupo 1; categoría 2.
8. Presentación de ofertas.
a) Data límite de presentación: dentro do prazo de vinte e seis (26) días naturais, contados desde o seguinte ao da última publicación deste anuncio de licitación no BOP, no DOG ou no perfil do contratante, das 9.00 ás 14.30 horas.
b) Hora límite: ata as 14.30 horas do último día do prazo de presentación.
c) Documentación que cómpre presentar: a simplificada sinalada na cláusula 12 do prego de claúsulas administrativas particulares que haberán de rexer para esta contratación.
d) Lugar de presentación:
1º. Entidade: Concello de Bergondo. Rexistro Xeral.
2º. Enderezo: estrada da Coruña, nº 12.
3º. Localidade e código postal: Bergondo 15165.
9. Apertura das ofertas.
a) Data: o terceiro día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de proposicións. No caso de coincidir en sábado, trasladarase ao día hábil seguinte.
b) Hora: 13.00 horas.
10. Outras informacións: obteranse no lugar e polos medios indicados no punto 6 deste anuncio e no perfil do contratante: www.bergondo.es
11. Gastos dos anuncios.
Serán por conta do adxudicatario os gastos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares e no cadro de características do contrato.
Bergondo, 26 de xuño de 2017
Alejandra Pérez Máquez
Alcaldesa