1.1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Concello de Bergondo.
b) Dependencia que tramita o expediente: Contratación.
c) Nº de expediente: OA-01-2017.
1.2. Obra incluída no Plan de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan único de concellos) da Deputación Provincial da Coruña, POS+2017.
2. Obxecto do contrato:
a) Descrición do obxecto: mellora de camiños con aglomerado asfáltico nas parroquias de Bergondo, Santa Marta de Babío, Ouces e Moruxo; complementariamente, como obxecto accesorio, a finalidade do contrato enmárcase dentro da política de fomento do emprego que deben adoptar os poderes públicos no ámbito das súas respectivas competencias.
b) Lugar de execución: Concello de Bergondo.
c) Prazo de execución (meses): 3 (tres).
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto, cun único criterio de valoración: factor prezo.
4. Orzamento de licitación:
A: Valor estimado: 346.336,64 €; B: IVE (21 %): 72.730,69 €. Importe total: A+B: 419.067,33 € (condicionado á entrada en vigor da modificación orzamentaria e do Plan único da Deputación Provincial que financian este proxecto, na contía de 159.012,13 €).
5. Garantías:
Provisional: non se exixe.
Definitiva: 5 % do prezo de adxudicación (excluído o IVE).
6. Obtención da documentación e información:
Entidade: Concello de Bergondo.
Enderezo: estrada da Coruña, nº 12.
Localidade e código postal: Bergondo 15165.
Teléfono: 981 79 12 52.
Fax: 981 79 42 33.
7. Clasificación do contratista: non se exixe.
Clasificación indicativa para os efectos do disposto no artigo 65.1.a), parágrafo 2º do texto refundido da Lei de contratos do sector público: grupo G, subgrupo 4, categoría 4.
8. Condición especial de execución: contratación para a adscrición, durante o prazo de execución do contrato, dunha persoa en situación de desemprego. Cláusula 18.1 do prego e punto 13 do cadro de características do contrato.
9. Presentación das ofertas:
a) Data límite de presentación: dentro do prazo de vinte e seis (26) días naturais contados desde o seguinte ao da última publicación deste anuncio de licitación no BOP, no DOG ou no perfil do contratante, das 9.00 ás 14.30 horas.
b) Hora límite: ata as 14.30 horas do último día do prazo de presentación.
c) Documentación que cómpre presentar: a simplificada sinalada na cláusula 12.1.2 do prego tipo de cláusulas administrativas particulares que deberán de rexer para a contratación, mediante procedemento aberto (cun único criterio de valoración: factor prezo), das obras comprendidas nos plans provinciais e outras obras provinciais (BOP nº 3, do 7.1.2016).
d) Lugar de presentación:
1ª. Entidade: Concello de Bergondo. Rexistro Xeral.
2ª. Enderezo: estrada da Coruña, nº 12.
3ª. Localidade e código postal: Bergondo 15165.
10. Apertura das ofertas:
a) Data: o terceiro día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de proposicións. No caso de coincidir en sábado, trasladarase ao día hábil seguinte.
b) Hora: ás 13.00 horas.
11. Outras informacións: a obteranse no lugar e polos medios indicados no punto 6 deste anuncio e no perfil do contratante: www.bergondo.es
12. Gastos dos anuncios:
Serán por conta do adxudicatario os gastos sinalados no prego tipo e no cadro de características do contrato.
Bergondo, 26 de xuño de 2017
Alejandra Pérez Máquez
Alcaldesa