Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 30 de xuño de 2017 Páx. 32215

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO da contratación do servizo de información cidadá a través do teléfono 010.

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Atención Cidadá. Nº de expediente: 3574-321.

2. Obxecto do contrato: a prestación, por persoal especializado na atención telefónica e xestión administrativa, da asistencia técnica necesaria para a atención do «servizo de información cidadá: teléfono 010» e a xestión administrativa propia do servizo e da tramitación das queixas e suxestións recibidas polas distintas canles de recepción: (telefónica no 010, telefax, internet 010@vigo.org e www.vigo.org), por escrito no Rexistro Xeral municipal ou presencial na oficina do Servizo de Atención Cidadá).

Lugar de execución: Vigo.

Prazo de execución: catro (4) anos. Prórroga: si; dúas prórrogas dun ano de duración cada unha.

3. Tramitación e procedemento:

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base: 804.419,33 euros; IVE que soportará a Administración: 168.928,06 euros. Orzamento total: 973.347,39 euros.

5. Garantías exixidas. a) Provisional: non se exixe. b) Definitiva: si (5 % do prezo de adxudicación do contrato, excluído o IVE). c) Complementaria: non.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante); teléfono: 986 81 01 48. Fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata sete (7) días antes do día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: a) Documentos acreditativos da solvencia económica e financeira: declaración do volume anual de negocio. Consideraranse con solvencia económica e financeira os licitadores que no conxunto dos últimos tres anos teñan un volume de facturación que sexa igual ou superior ao prezo do contrato ou posúan a seguinte clasificación: grupo U, subgrupo 8 (servizos de información e asistencia telefónicas), categoría 2. b) Documentos acreditativos da solvencia técnica e profesional: unha relación dos principais servizos ou traballos, de igual ou similar natureza que os que constitúan o obxecto do contrato, realizados nos últimos cinco anos (entenderase que este prazo remata o último día para a presentación de ofertas), que inclúa importe, datas e o destinatario público ou privado. Considerarase acreditada a solvencia se nalgún dos últimos cinco anos acredita servizos ou traballos por importe igual ou superior a unha anualidade media do prezo do contrato. Os servizos ou traballos efectuados acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente, cando o destinatario sexa unha entidade do sector público; cando o destinatario sexa un suxeito privado, mediante un certificado expedido por este ou, na falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario ou que posúa, a seguinte clasificación: grupo U, subgrupo 8 (servizos de información e asistencia telefónicas), categoría 2.

8. Presentación das ofertas: prazo: o prazo rematará o día 19 de xullo de 2017.

Documentación: a exixida nas cláusulas 12 e 13 do prego de condicións administrativas e no punto 7 da folla de especificacións do contrato.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo; praza do Rei, nº 1, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día do prazo.

Admisión de melloras: non.

Prazo da obriga de manter a oferta: dous (2) meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas técnica e económica: entidade, domicilio e localidade: véxase o punto 6 do anuncio.

Data e hora: anunciaranse no perfil do contratante do Concello de Vigo.

10. Outras informacións:

11. Páxina web para a obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 6 de xuño de 2017

O alcalde
P.D. (Decreto do 19.6.2015 e Acordo do 19.6.2015)
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación