Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 3 de xullo de 2017 Páx. 32382

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de auto (ETX 165/2016).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 165/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rosa Mª Vázquez García, contra a empresa Eurográficas Pichel, S.L., sobre reclamación de cantidade, foi ditado auto no 9 de xuño de 2017 cuxa parte dispositiva, é do teor literal seguinte:

«Parte dispositiva:

Denégase o despacho da execución solicitado por falta de competencia obxectiva nos termos expostos.

Notifíquese ás partes a presente resolución facéndolles saber que contra ela cabe recurso de reposición no prazo de tres días ante este xulgado.

Así o pronuncia, manda e asina Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela. Dou fe».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación a Eurográficas Pichel, S.L., expido o presente.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza