Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 3 de xullo de 2017 Páx. 32359

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 5271/2016).

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 5271/2016 desta sección, seguido por instancia de Alberto Vázquez García contra Fogasa, Jandei, S.L., Galery Engineering, S.L.N.E., JNM Services Company, S.L., Jandei Security, S.L., Javier Jesús Núñez Montero, sobre incidentes de execución, ditouse o 12 de xuño de 2017 a seguinte resolución:

O anterior escrito subscrito pola letrada Natalia Erviti Álvarez, en representación de Alberto Vázquez García, únase ao recurso da súa razón.

Tense por interposto o recurso de casación para unificación de doutrina. Fórmese peza separada que se encabezará con testemuño da sentenza ditada por esta sala e emprácense as demais partes para que comparezan por escrito de letrado, ante a Sala do Social do Tribunal Supremo dentro do prazo de dez días e desígnese un domicilio para notificacións na sede da devandita sala, debendo acreditar a representación da parte de non constar previamente nas actuacións.

Emprácese a Galery Engineering, S.L.N.E. a través do Diario Oficial de Galicia (DOG).

Conforme o pedido no escrito presentado, remítanse comunicacións ao Tribunal Superior de Xustiza de Andalucía e ao Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña, interesando a remisión de testemuño con nota de firmeza das sentenzas alegadas de contraste, a ditada o 8 de outubro de 2002, Sentenza número 3586/02, e a ditada no RSU 17800/03 o 26 de novembro de 2007, respectivamente.

Así mesmo, expídase testemuño con nota de firmeza da sentenza ditada por este Tribunal no RSU 5382/11, que quedará unida á peza do recurso.

Verificado, remítanse as actuacións ao devandito tribunal.

A parte recorrente enténdese comparecida de dereito coa remisión das actuacións.

Comuníquese ao Xulgado do Social número 2 da Coruña que a resolución desta sala foi obxecto de recurso en casación para unificación de doutrina.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que contra a presente resolución non cabe recurso ningún.

E para que sirva de notificación e localización a Galery Engineering, S.L.N.E., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 12 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza