Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 3 de xullo de 2017 Páx. 32361

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial. Sección 5ª Civil da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (387/2013).

Peza: RPL recurso de apelación (LECN) 387/2013R

Xulgado de procedencia: Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Ferrol

Procedemento de orixe: procedemento ordinario 873/2011

Eu, Ana Belén Jorge Rogel, letrada da Administración de xustiza da Sección Quinta da Audiencia Provincial da Coruña fago saber que na peza de apelación que se dirá foi pronunciada sentenza con data do 31 de xullo de 2015, cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«A Coruña, 31 de xullo de 2015.

No recurso de apelación civil número 387/2013, interposto contra a sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Ferrol, en xuízo ordinario núm. 873/2011, sobre acción declarativa de dominio e reivindicatoria, seguido entre partes, como apelantes/demandantes Construtora Eshor, S.L. e Mónica Espiñeira López, representados polo/a procurador/a Sr/a. Garmendia Díaz; como apelados, Alfonso Aradao Sixto e María de los Ángeles Payero Mansilla, representados polo/a procurador/a Sr/a. Pereira Santelesforo e Ropal Promociones e Investimentos, S.L. (rebelde), sendo relator Carlos Fuentes Candelas.

Decido que, con estimación parcial dos recursos de apelación, desestimándoos no restante, revogamos en parte a sentenza apelada unicamente no sentido de non se facer mención especial das custas de primeira instancia referidos á demanda reconvencional, confirmando os seus restantes pronunciamentos, todo isto sen mención das custas da segunda instancia e devolución do depósito constituído para recorrer.

Esta sentenza non é firme e contra ela cabe recurso de casación por interese casacional e, se for o caso, conxuntamente recurso extraordinario por infracción procesual, para ante a Sala Primeira de Tribunal Supremo, que se interporá ante esta Sección 5 mediante escrito de avogado e procurador no prazo de 20 días, cos demais requisitos de admisibilidade previstos na lei e na súa xurisprudencia. Así, por esta nosa sentenza de apelación, da cal se levará á peza un testemuño, uníndose o orixinal ao libro de sentenzas, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo, no lugar e data arriba indicados.

E para que conste e sirva para a inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG) co obxecto de notificar ás partes declaradas en rebeldía Ropal Promociones e Investimentos, S.L., expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 17 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza