Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 3 de xullo de 2017 Páx. 32363

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ponteareas

EDICTO (504/2015).

No procedemento de referencia ditouse a resolución cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza:

Ponteareas, 4 de maio de 2016

Vistos por min, Juan Laborda Rodríguez, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ponteareas e o seu partido, os presentes autos de xuízo verbal sobre garda, custodia e alimentos, seguidos co número 525/2015, por instancia de Mariam Ros Díaz, representada pola procuradora Sra. Estévez Baña e asistida da letrada Sra. Armada Otero, fronte a Jhonatan Duvan Castrillón Cano, en situación de rebeldía, sendo parte o Ministerio Fiscal.

Parte dispositiva:

Que debo estimar e estimo parcialmente a demanda interposta a instancia de Mariam Ros Díaz contra Jhonatan Duvan Castrillón Cano e, en consecuencia, dispoño a elevación a definitivas das medidas acordadas por auto do 23 de marzo de 2016, ditado no procedemento de medidas provisionais coetáneas 504/2015, seguido neste xulgado.

Sen pronunciamento en canto a custas.

Notifíquese a presente sentenza ás partes e ao Ministerio Fiscal, e fágaselles saber que non é firme e que contra esta poden interpoñer recurso de apelación neste xulgado para o seu coñecemento pola Audiencia Provincial de Pontevedra, no prazo de vinte días, contado desde o seguinte á notificación.

Así, por esta a miña sentenza, da que se estenderá certificación nos presentes autos, pronúncioo, mándoo e asínoo, do que eu, a letrada da Administración de xustiza, dou fe».

E, como consecuencia do ignorado paradoiro de Jhonatan Duvan Castrillón Cano, esténdese a presente para que sirva de cédula de notificación.

Ponteareas, 21 de xuño de 2017

O/a letrado/a da Administración de xustiza