Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 3 de xullo de 2017 Páx. 32365

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1211/2016).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 1211/2016 deste xulgado do social, seguidos por instancia de David Grande Buyo contra a empresa Cristóbal Eiranova Lema, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Sentenza

A Coruña, tres de maio de 2017

Jorge Hai Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, vendo os presentes autos seguidos neste xulgado co número 1211/2016, sendo parte nel, dun lado, como demandante David Brande Buyo, asistido polo letrado Eduardo Aguiar Boudin e como demandado Cristóbal Eiranova Lema, que non comparece, sobre rescinción de contrato, pronunciou en nome do rei a seguinte sentenza

Antecedentes de feito

Primeiro. A parte demandante presentou demanda que por quenda correspondeu a este Xulgado do Social número 2 da Coruña, na que, tras expoñer os feitos e alegar os fundamentos de dereito que estimou pertinentes, terminaba suplicando que se ditase sentenza conforme o pedido.

Segundo. Admitida a trámite a dita demanda, sinalouse a realización do acto de xuízo e este tivo lugar na data sinalada en todas as súas fases co resultado que consta no acta redactada para o efecto e que quedou debidamente gravado no correspondente soporte CD. Unha vez concluído o acto do xuízo, quedaron os autos vistos para ditar sentenza.

Terceiro. Na tramitación dos presentes autos observáronse as normas legais de procedemento.

Decisión

Que, estimando a demanda interposta por David Grande Buyo contra a empresa Cristóbal Eiranova Lema, debo declarar e declaro extinguida a relación laboral na data da presente resolución, e condeno a demandada a que lle abone ao demandante unha indemnización de 938,63 €, máis 6.664,44 € por falta de aboamento salarial».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Cristóbal Eiranova Lema, en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 13 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza