Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 3 de xullo de 2017 Páx. 32373

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1117/2014).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1117/2014 por instancia de Fabiola Lema Cotelo contra a empresa Promociones Riocesures, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza o 6 de xuño de 2017 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolución.

Estímase a demanda formulada por Fabiola Lema Cotelo fronte á empresa Promociones Riocesures, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia, condénase a empresa Promociones Riocesures, S.L. a aboar a Fabiola Lema Cotelo a cantidade de catro mil oitocentos oitenta e oito euros con doce céntimos de euro (4.808,12 euros).

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, no momento de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Promociones Riocesures, S.L. expido e asino a presente.

A Coruña, 13 de xuño de 2017

A secretaria xudicial