Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 3 de xullo de 2017 Páx. 32372

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1215/2014).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1215/2014 por instancia de Mutua Gallega contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Manuel Rodríguez Alvaredo, a empresa Julio Antonio Díaz García e o Fondo de Garantía Salarial, sobre incapacidade, nos cales se ditou sentenza o 5 de xuño de 2017 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolución.

Desestímase a demanda interposta pola Mutua Gallega fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Manuel Rodríguez Alvaredo e a empresa Julio Antonio Díaz García, con intervención do Fondo de Garantía Salarial, non procedendo realizar a declaración pretendida pola demandante.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Julio Antonio Díaz García, expido e asino a presente.

A Coruña, 13 de xuño de 2017

A secretaria xudicial