Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 3 de xullo de 2017 Páx. 32370

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (1130/2014).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1130/2014, por instancia de Elena Fernández Martínez contra a empresa Gelyann, 73, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, nos que se ditou sentenza con data do 6 de xuño de 2017 que copiada nos particulares necesarios di así:

«Resolvo:

Estímase a demanda formulada por Elena Fernández Martínez fronte á empresa Gelyann, 73, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Gelyann, 73, S.L. a aboarlle a Elena Fernández Martínez a cantidade de mil oitocentos corenta euros con cincuenta e dous céntimos de euro (1.840,52 euros); os conceptos salariais percibirán o xuro moratorio do 10 %.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da LRXS».

A competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, se é o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e débese anunciar este neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución; abonda a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao mesmo tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Gelyann, 73, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 13 de xuño de 2017

A secretaria xudicial