Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 3 de xullo de 2017 Páx. 32368

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (259/2017).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 259/2017, por instancia de Leticia Muñiz Barreiro contra a empresa Plan C Restauración, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, nos que se ditou sentenza con data do 6 de xuño de 2017, que copiada nos particulares necesarios di así:

«Resolvo:

Estímase a demanda formulada por Leticia Muñiz Barreiro fronte á empresa Plan C Restauración, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento efectuado pola demandada Plan C Restauración, S.L. á demandante.

– Condénase a Plan C Restauración, S.L. a que no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza opte entre a readmisión da traballadora ou o aboamento dunha indemnización de 2.371,88 euros; o aboamento da devandita indemnización determina a extinción do contrato de traballo; en caso de optar pola readmisión, deberá aboar os salarios de tramitación desde a data do despedimento, a razón de 28,75 euros diarios.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes».

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución; abonda a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao mesmo tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Plan C Restauración, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 13 de xuño de 2017

A secretaria xudicial