Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 5 de xullo de 2017 Páx. 32681

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (112/2017).

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Sandra Midón Becerra contra La Empanadilla Sabrosa, S.L., se acordou notificar parte dispositiva do auto e decreto do 6 de xuño de 2017 ditado no procedemento a La Empanadilla Sabrosa, S.L., en ignorado paradoiro:

Auto do 6 de xuño de 2017.

«Parte dispositiva.

Dispoño:

Despachar orde xeral de execución a favor da parte executante, Sandra Midón Becerra, fronte a La Empanadilla Sabrosa, S.L., parte executada, por importe de 2.192,92 euros de principal e de 371,29 euros de xuros de mora, máis 256,42 de xuros e custas provisionais sen prexuízo de posterior liquidación.

O presente auto, xunto co decreto que ditará a letrada da Administración de xustiza, e copia da demanda executiva, serán notificados simultaneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC. A executada queda apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución.

Contra este auto poderase interpoñer recurso de reposición, que se interpoñerá perante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, en que, ademais de alegar as posibles infraccións en que poida incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, se poderá deducir a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que acaecesen con posterioridade á súa constitución do título; a compensación e as débedas non serán admisibles como causa de oposición á execución.

Así o acorda e asina SSª.

A maxistrada xuíza.

Decreto do 6 de xuño de 2017:

Parte dispositiva.

Acordo en cumprimento do requisito que se contén no artigo 276.3 e previamente á estimación na presente executoria da pervivencia da declaración de insolvencia da parte executada La Empanadilla Sabrosa, S.L., dar audiencia previa á parte demandante Sandra Midón Becerra e ao Fondo de Garantía Salarial, polo prazo de quince días, para que poidan sinalar a existencia de novos bens, e do seu resultado se acordará o procedente.

Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia perante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e os datos completos para efectuar os actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin, producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos; será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean sendo utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

A letrada da Administración de xustiza».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Para que sirva de notificación a La Empanadilla Sabrosa, S.L., en ignorado paradoiro expídese a presente cédula para publicar no Diario Oficial de Galicia e colocar no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2016

A secretaria xudicial