Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 5 de xullo de 2017 Páx. 32641

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 2017 pola que se procede á publicación dos requirimentos de emenda das axudas para a contratación de xestores de internacionalización, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020.

Mediante Resolución do 2 de marzo de 2017 (DOG núm. 48, do 9 de marzo) publicáronse as bases reguladoras das axudas para a contratación de xestores de internacionalización, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e procedeuse á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para o ano 2017.

O órgano instrutor do procedemento administrativo previsto no artigo 10 das ditas bases reguladoras está a analizar as solicitudes presentadas polos solicitantes que se acolleron á presente convocatoria de axudas.

O artigo 8.6 das bases reguladoras da axuda establece que o solicitante deberá achegar xunto co formulario de solicitude o informe de vida laboral da empresa emitido con data igual ou posterior á da publicación destas bases no DOG e por un período mínimo dun ano.

Na análise da documentación achegada coa solicitude de axuda advertiuse que nalgúns expedientes consta o informe de vida laboral, pero o dito informe non fai referencia a un período mínimo dun ano e non se reclamou a emenda desta incidencia no requirimento publicado o 2 de xuño de 2017 no Diario Oficial de Galicia. Os expedientes que se atopan neste caso son 9 e a súa relación faise constar no anexo.

O artigo 10.2 das bases reguladoras dispón que, de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, este requirimento de emenda realizarase preferentemente mediante publicación no Diario Oficial de Galicia e producirá os mesmos efectos que a notificación individualizada. A dita publicación tamén se realizará na páxina web do Igape no enderezo www.tramita.igape.es.

En virtude do anterior,

RESOLVO:

Primeiro. Dar publicidade á relación de solicitantes de axuda xa revisadas que deben ser obxecto de emenda segundo se recolle no anexo a esta resolución. Os solicitantes de axuda citados no anexo deben presentar informe de vida laboral da empresa emitido con data igual ou posterior ao 9 de marzo de 2017, no cal conste información referida como mínimo a un ano e ese período dun ano debe incluír a data do 9 de marzo de 2017. No caso de que non sexa posible a información dun ano porque a vida da empresa sexa inferior, deberá presentar un escrito comunicando a dita circunstancia e achegar a vida laboral desde o inicio da vida laboral da empresa.

Segundo. Establécese un prazo de dez días hábiles para achegar a documentación sinalada, contados desde o seguinte ao da publicación da presente resolución no DOG.

Terceiro. De acordo co establecido no artigo 8.4 das bases reguladoras a documentación deberase presentar obrigatoriamente por vía electrónica.

Cuarto. De acordo co disposto no artigo 10.2 das bases reguladoras, no suposto de que non se atenda o requirimento no prazo indicado, ou se a emenda resulta incompleta ou defectuosa, terase por desistido na súa petición o solicitante e arquivarase o expediente, tras a correspondente resolución, que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da devandita Lei 39/2015.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2017

Juan Manuel Cividanes Roger
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO

Solicitudes de axuda suxeitas a emenda de documentación

Núm. expediente

Titular do expediente

NIF

IG166.2017.1.5

Vilarvin, S.L.

B36287126

IG166.2017.1.13

Galichip, S.L.

B27307800

IG166.2017.1.20

Comenza, S.L.

B83900670

IG166.2017.1.21

Tir Anymar, S.L.

B70481486

IG166.2017.1.22

Seijas y Otero, S.L.

B36341899

IG166.2017.1.25

Soc.Cooperativa Vitivinícola Arousana, S.C.G.

F36477354

IG166.2017.1.27

Sanloz Invest & Gold, S.L.

B27408020

IG166.2017.1.28

Imagames Gamification Services, S.L.

B70448618

IG166.2017.1.33

Pasteurizados Cíes, S.L.U.

B36302958