Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 6 de xullo de 2017 Páx. 32905

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (386/2015).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 386/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ana María Santaya Varela contra Ogun Confecciones, S.L. e Fogasa sobre ordinario, foi ditada a seguinte resolución:

«Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: reclamación de cantidade número 386/2015.

Demandante: Ana María Santaya Varela.

Letrado: Sr. Pérez López.

Demandada: Ogun Confecciones, S.L.

«Sentenza.

A Coruña, 5 de xuño de 2017.

Decido.

Estimar a demanda formulada por Ana María Santaya Varela contra Ogun Confecciones, S.L. e, en consecuencia, condeno esta a pagar á primeira a suma de 1.214,76 euros, así como o xuro de mora do artigo 29.3 do ET.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño dela no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela non cabe recurso ningún.

Así o pronuncio, mando e asino».

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo maxistrado xuíz que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a letrada da Administración de xustiza, dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Ogun Confecciones, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 7 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza