Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 6 de xullo de 2017 Páx. 32907

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (345/2015).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 345/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Antonio José Álvarez López contra Ditecar, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Reforzo

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: reclamación de cantidade número 345/2015

Demandante: Antonio José Álvarez López

Letrado: Sr. Gutiérrez Martín

Demandada: Ditecar, S.L.

Fogasa

Sentenza.

A Coruña, 13 de xuño de 2017.

Resolución:

Acepto a demanda formulada por Antonio José Álvarez López fronte a Ditecar, S.L. e, en consecuencia, condeno esta a pagarlle ao primeiro:

a) 21.264,38 euros en concepto de indemnización por extinción do vínculo laboral.

b) 38.561,02 euros en concepto de débedas salariais, así como o xuro derivado do artigo 29.3 do ET respecto da devandita cantidade.

O Fogasa deberá pasar polo resolto na presente resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño desta no presente procedemento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e advírtanse de que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino».

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo maxistrado xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a letrada da Administración de xustiza, dou fe.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Ditecar, S.L., en paradoiro ignorado, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 13 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza