Co obxecto de estender o programa de plurilingüismo ás ensinanzas de formación profesional do sistema educativo para o curso 2017/18, esta dirección xeral,
RESUELVE:
Primeiro
Que nas páxinas web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria www.edu.xunta.gal e www.edu.xunta.es/fp, estará dispoñible a regulación e convocatoria de incorporación de centros para participar nos ciclos formativos plurilingües (Estrela PluriFP) para o curso 2017/18.
Segundo
Que o prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia ata o 20 de xullo de 2017.
Terceiro
Que os centros deberán cubrir a solicitude que figura como anexo I da convocatoria e dirixila á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2017
Manuel Corredoira López
Director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa