Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 13 de xullo de 2017 Páx. 33860

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Tui

EDICTO (F02 391/2016).

Eu, Cristina Iscar Cifuentes, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Tui, fago saber que no presente procedemento F02 391/2016 do Xulgado número 3 de Tui, seguido por instancia de Margarita de Oliveira Gonçalves fronte a Edelmiro Pazos Martínez, se ditou sentenza, con data do 20 de xuño de 2017 e, ao estar Edelmiro Pazos Martínez en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que sirva de notificación.

Fáiselle saber que poderá ter coñecemento neste xulgado do contido íntegro da sentenza, contra a cal cabe interpor recurso de apelación ante este xulgado no prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da publicación do edicto, para a súa resolución pola Audiencia Provincial de Pontevedra.

Tui, 20 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza